LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

lunes, 10 de junio de 2013

VISITA DAS ESCOLAS UNITARIAS

O xoves 6 de xuño tivemos unha xornada escolar un pouco diferente xa que viñeron visitarnos os nenos e nenas das escolas unitarias. Para os pementeir@s era unha boa ocasión para coñecer a algúns dos novos compañeir@s que terán o curso que ven (cando xa empecen o seu novo percorrido educativo nas aulas de primaria).
Primeiro presentámonos todos na aula "A Pementeira". Parecía que todos estábamos un pouco tímidos pero é normal con tantos profes mirando para nós a ver que facíamos...




Despois, xogando fóra, as cousas foron un pouco máis "naturais" e os nenos e nenas das unitarias mezcláronse sen problemas cos nenos e nenas do cole. Os xogos na area foron os triunfadores, aínda que tamén estiveron concurridos os columpios.




E, por último, ¡a merendar todos xuntos!













3 comentarios:

  1. ¡¡Xuntos pero non revoltos!!.
    Non debería, pero danme pena, recordanme a Paula cando chegou o Rosalía...
    Ainda que acaban facendo amigos, nunca é o mesmo que os que levan dende os tres anos xuntos.... ainda que co tempo estos nenos xa nos demostraron que superon moitos mais retos dos que os pais podemos imaxinar. ¡¡¡benvidos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pois eu penso que os nenos son moito máis capaces que nós de adaptarse aos cambios. Na nosa aula chegaron nenos e nenas novos e penso que están moi integrados no grupo e disfrutan moito cos compañeiros (aínda que supoño que os outros non se olvidan tampouco, de feito algúns dos que viñeron xa coñecían al algún pementeiro). E eu, a verdade, xa case teño a sensación de que empezou todo o grupo xunto en tres anos, imaxínate o rápido que formamos grupo. Ese día estaban todos un pouco cortados porque tamén había moitos profes mirando e pedíndolles que se presentaran e é difícil ser espontáneo e natural así, pero despois xogando sí que se mezclaron e falaron e todo. Xa verán como van ser dous grupos estupendos en primeiro!!!!!

      Eliminar
  2. CASINO STATION AT A GAMING DRIVE - JTM Hub
    Casino STATION AT A GAMING DRIVE - 문경 출장샵 JTM Hub is 시흥 출장샵 a dedicated 과천 출장안마 dedicated facility 동해 출장샵 to enhancing the gaming experience 아산 출장안마 for casino players.

    ResponderEliminar