LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

viernes, 31 de mayo de 2013

¡RETO SUPERADO!

Hoxe pola mañán cando chegaron os meus pementeir@s ao cole, levei unha enorme e colosal alegría porque chegaron oito nenos/as co seu papeliño na man. 
E diredes vos: ¿que papeliño? 
Pois un papeliño no que escribiron a resposta á pregunta sobre o personaxe mitolóxico que naceu do sangue de Medusa. Así que, antes de nada, teño que felicitar a Anxo, Antón, Noelia, Zeljko, Miguel, Pablo e Ana Carril e Lola por acordarse do reto, por investigar e por traer a súa resposta ó cole.
Eu considero que é moi importante participar nos xogos, nas actividades, nos retos... aínda que non sempre poidamos gañar. Por iso vos digo, aos que disfrutades investigando... 
xenial
E agora teño que felicitar de xeito moi especial aos que acertaron a resposta que foron sete. Aquí vos poño as fotos dos gañadores:








¡PARABÉNS CHICOS E CHICAS! 
E agora só falta dicir cal é a resposta correcta deste reto: ¿que, ou quen, naceu do sangue de Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza?
PEGASO
pegaso 05

MÁIS DIPLOMAS DE BOS LECTORES

Unha semana máis e temos outros poucos pementeir@s que conseguiron o seu diploma de bo lector. 
Mirade as fotos dos orgullosos gañadores:





¡Parabéns chicos e chicas! Xa sabedes que eu estou moi feliz cando vexo que disfrutades cos libros e que aprendedes moitas cousas lendo. Espero que sigades gañando moitos diplomas coma estes.
Libro
¡Veña! os que aínda non tendes o voso diploma, seguide lendo con moitas ganas, facede as fichas do pasaporte lector con atención e coidado e seguro que pronto podedes conseguilo.


miércoles, 29 de mayo de 2013

PERSEO


Hoxe na Pementeira lemos a historia de Perseo, o fillo de Zeus e Dánae que lle cortou a cabeza á malvada gorgona Medusa.

jomedusa.gif (4737 bytes)

Aquí podedes ver a magnífica estatua de bronce realizada por Cellini na que Perseo sostén nunha man a espada e na outra a cabeza da temible e petrificadora Medusa.

Os pementeiros e pementeiras estaban coa boca aberta escoitando como fixo Perseo para non mirar aos ollos de Medusa evitando, así, quedar petrificado.

Pero, hai unha cousa que non nos contou o libro que lemos pola mañán... E por iso, teño que poñervos un novo reto...
abc_frazredbigw.gif (11209 bytes)abc_frazredbigw.gif (11209 bytes)abc_frazredbigw.gif (11209 bytes)

¿Que, ou quen, naceu do chorro de sangue que brotou do pescozo de Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza?

A ver que pementeiro/a o adiviña e nolo conta no cole.
¡Veña todo o mundo a investigar!

E antes de despedirme, déixovos unhas fotos dos pementeiros/as xogando por equipos despois de rematar as súas tarefas.

 Xogando ó trivial

Facendo puzles

Lendo libros de África

Construíndo
palabras
en minúsculas.


lunes, 27 de mayo de 2013

A HORTA DE INFANTIL

Por fin hoxe , pola tarde, disfrutamos dunha das nosas actividades favoritas: ¡plantar na nosa horta de infantil!
Este ano cambiámola de lugar, e agora estamos poñendo macetas no patio que está na entrada de infantil, esperando que pronto nos traian máis terra para poder ter unha horta como é debido.
A nosa intención era xa comenzar o pasado venres pola tarde pero, non sei se coa emoción ou que foi, non houbo maneira de organizarnos para saír fóra. Hoxe tamén había moita expectación pero conseguimos controlarnos un pouco e, finalmente, plantamos leituga, cenouras, xudías, flores, fabas...

































































E agora a esperar a que medre a nosa plantación. Antón xa me dixo que ao mellor mañán cando chegáramos ao cole xa podíamos ver as plantas pero eu penso que imos ter que esperar un pouquiño máis.