LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

miércoles, 19 de junio de 2013

VISITA Á CASA DO BISPO

Hoxe, todos os nenos e nenas de Educación Infantil, e as profes tamén claro, tivemos a sorte de visitar a Casa do Bispo en Seira. Como todos vós xa sabedes, alí ten o seu taller o escultor Camilo Seira. Pero non só disfrutamos contemplando moitas das súas obras e escoitando as súas explicacións sobre o seu traballo, senón  que, ademáis diso, poidemos ver un montón de animais pouco habituais para nós (coma un porco vietnamita ou un precioso mapache) e, para rematar a xornada, ¡UN XEADO! ¡QUE SORTE!



 Luna estaba esperándonos, moi tranquila e moi ben educada. ¡Que guapa!




 Camilo explicounos como fai algunhas esculturas, engadindo pouco a pouco arxila para acadar a forma que el quere, modelando como facemos nós no cole coa plastilina.

Mirade que atentos están todos. ¡Seguro que de aquí sairá algún escultor ou escultora!




 Cun cincel ou cun punteiro e a axuda dunha maza, vimos como se vai traballando a pedra, sacando cachiños pouco a pouco para darlle a forma desexada.


Tamén había unha serea de pedra, aínda que aos nenos e nenas lles costou un pouquiño recoñecela.








 ¡Miña naíña! ¡Cantas esculturas hai nesta casa! Que si unha flor, que si un colibrí, que si unha cabeza durmindo nun banco... ¡eu que sei! Pero hai algo por aquí que non é unha escultura, non, non... de feito é un bichiño con pico e plumas bastante cantarín ¿adiviñades cal é? 





Visitamos a capela e os pementeir@s tiveron un momento de reflexión, como podedes ver. Supoño que estarán pensando se se portaron ben no cole, se traballaron o suficiente para levar boas notas, se lles gustaria ser artistas de maiores ou...¡quen sabe! pode que pensen no seu futuro máis próximo: ¡veña, imos a Primaria! ¿que sorpresas nos estarán esperando nesa nova etapa?



















O pobre mapache estaba un pouquiño asustado con tanto neno, e non é extraño porque ás veces berraban un pouco de máis. As profes sempre dicimos que con tanto berro nos doe a cabeza, pois ao pobre mapache entrábanlle uns nervios que o único que facía era "gatear" por Nina arriba, jajajaja,  supoño que  sabe ben onde ten que esconderse cando hai problemas. A min pareceume unha cousiña superchuli.








En fin, desde este blogue pementeiro quero darlle as grazas aos dous Camilos e ás dúas Ninas que nos atenderon tan ben e nos explicaron todo, ademáis de agasallarnos con xeados e un cafeíño quente para as profes que nos sentou requetebén.
¡¡¡MOITAS  GRAZAS!!!

2 comentarios:

  1. Que pasada!! Eu son dunha aldea, "a Peruca" que está xusto a ladiño de Seira, e cando éramos pequechos, así, da idade dos pementeiros, e de eso xa fai.... uf!! moito... íamos, nas navidades, a representación do "BELÉN VIVIENTE",era unha pasada a cantidade de xente que alí se xuntaba,¡¡¡imaxinadevos!! a esa casa tan impresionante ían os Reis Magos,cos seus cabalos, dandonos globos e chuches.... sempre pensei que había máxia na "CASA DO BISPO" e agora estou segura de que é así xa que todo o que alí se pode atopar, non se vé en calquera lado. Noraboa a Camilo e Nina (pais) e a Camilo e Nina (avós) por fomentar e compartir a maxestuosidade da sua vivenda cos nosos fillos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que é un pracer contemplar obras de arte nun entorno tan fermoso, é coma un museo pero máis interactivo porque deixábannos tocar as cousas e movíamonos por espazos moi diferentes... Eu penso que foi unha mañán entretida, diferente e os anfitrións foron moi amables e pacientes!!!!!!

      Eliminar