LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

miércoles, 26 de junio de 2013

REMATE FINAL

Antes de pechar este blogue e deixarvos unhas palabriñas de despedida, quero recordarvos que mañán xoves 27 de xuño ás 5 da tarde teremos a nosa última reunión de pais/nais.
Os puntos a tratar serán:
  • Presentación das contas e as facturas do curso escolar.
  • Valoración do curso e do ciclo de infantil.
  • Despedida.

E por suposto, vós teredes a oportunidade de comentar as cuestións que consideredes oportuno.
Conto con todos vos.
Agora deixovos unhas últimas fotos dos pementeir@s na "festa" de fin de curso e un vídeo do festival gravado polo papá de Antón que me pasou a mamá de Ana e Pablo. Grazas aos dous porque o vídeo está xenial e faime moita ilusión ter esta última actuación estelar cos meus pementeir@s.









































jueves, 20 de junio de 2013

FIN DE CURSO

Hoxe foi un día cheo de emocións e de "adrenalina". Non sei que almorzaron os peques de infantil pero viñan coma motocicletas. Claro, veñen todos os papás e mamás a ver o festival, e non é o mesmo bailar diante de tres profes que diante de centos de espectadores...
Na "Pementeira" fixemos a entrega formal dos Diplomas de Graduación antes xa de saír ó escenario. ¡Mirade que orgullosos estaban todos!





















Despois sacamos unhas fotos de amigos, ou sexa que cada un se colocou con quen quixo, en parella ou en grupo, para ter un recordo deste último día de curso todos xuntos e tan elegantes coas súas novas camisetas...








E por último, ¡¡¡¡o festival!!!!!
Aquí vos deixo un vídeo cun ensaio, unha "preactuación" e a actuación de todo o grupo de Educación Infantil. Eu penso que os pementeiros estiveron fantásticos (sinto que no vídeo non se vexan moito, pero creo que circulan por aí grabacións piratas feitas por algúns papparazzi)