LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

jueves, 20 de junio de 2013

FIN DE CURSO

Hoxe foi un día cheo de emocións e de "adrenalina". Non sei que almorzaron os peques de infantil pero viñan coma motocicletas. Claro, veñen todos os papás e mamás a ver o festival, e non é o mesmo bailar diante de tres profes que diante de centos de espectadores...
Na "Pementeira" fixemos a entrega formal dos Diplomas de Graduación antes xa de saír ó escenario. ¡Mirade que orgullosos estaban todos!





















Despois sacamos unhas fotos de amigos, ou sexa que cada un se colocou con quen quixo, en parella ou en grupo, para ter un recordo deste último día de curso todos xuntos e tan elegantes coas súas novas camisetas...








E por último, ¡¡¡¡o festival!!!!!
Aquí vos deixo un vídeo cun ensaio, unha "preactuación" e a actuación de todo o grupo de Educación Infantil. Eu penso que os pementeiros estiveron fantásticos (sinto que no vídeo non se vexan moito, pero creo que circulan por aí grabacións piratas feitas por algúns papparazzi)






8 comentarios:

  1. QUE CONTENTOS ESTAN ESTOS PEMENTEIROS COS SEUS DIPLOMAS NORABOA A TODOS EA PASAR A SIGUIENTE FASE JAJAJA QUE SEGURO IRAN BEN ENCAMIÑADOS BICOS A TODOS EA PROFE QUE SE PREPARE PA OUTRA REMESA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoxe foi un día intenso e eu penso que o disfrutaron!!!!agora toca disfrutar do verán (se hai claro) e despois a seguir triunfando en Primaria!

      Eliminar
  2. Non deixades de sorprenderme, e para colmo de sorpresas o "detalle" de repetir o baile o finalizar as actuacións é para quitarse o sombreiro, os papás/mamás que "escapamos" do traballo para ver os nosos fillos e por suposto non fumos puntuales agradecemos de corazón esa segunda actuación. Por certo, hai un pementeiro ó que non lle gustou nada que o presentador lles chamaran peques o finalizar o baile,je, je , je ¡¡¡hai que ver que asumido teñen o se pasar para o curso dos maiores!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. cala, que o de repetir o baile aínda vai traer cola, jajajaja! e o de peques a verdade é que eu nin o escoitei! O importante é que o fixeron moi, moi ben e penso que é un bo remate de ciclo. Agora toca seguir esforzándose, medrando, aprendendo e disfrutando en primaria. E despois eu xa os verei bailar nos festivais!!!!

      Eliminar
  3. URRA!! por eses pequenos-maiores!! jajajaja!! Hoxe remataron unha etapa moi bonita das súas vidas, infantil... agora toca aplicarse, estudar e ir aprendendo cada vez máis coñecementos!! Bicos para tod@s!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pere, vasme perdoar pero teño que replicarche... jijiji. Non é que se teñna que aplicar agora e aprender coñecementos, pódoche dicir, chea de orgullo e satisfacción (como diría o Rey nos seus discursos) que os meus pementeiros xa se aplicaron e acadaron moitíiiiiiiiisimos coñecementos en infantil e agora van continuar. Perdoa ´pero eu sonche moi defensora de todo o que aprenden en infantil (se non o fago eu quen o vai facer, verdade?) e eu polos meus pementeiros/as ... MA-TO! Eu sei que van disfrutar moito en primaria e van ser uns triunfadores!!! GRAZAS PERE polos teus comentarios tan positivos sempre!!!!!!!!!!!

      Eliminar
    2. ¡¡¡Oxalá, Pere!!!, oxalá lles toque un profesional en primaria que se preocupe por eles e que os anime para que sigan ampliando os coñecementos co mesmo interés, e coa mesma ilusión, e lles siga inculcando os valores que a profe Teté lles ensinou estos tres anos, por suposto é una labor conxunta de país e profes.
      (¡¡¡¡nada mellor que o traballo en equipo!!!!).
      Pero hoxe están SUPER preparados, quizás deberían pasar directamente para segundo,ja, ja , ja ......
      ¡¡¡os coñecementos téñenos!!!!.

      Eliminar
    3. Así me gusta, Mela!!!! Confiando nos peques, que sí, que saben moitas cousas, que teñen interese por aprender moitas máis e xa verás como todo vai moi ben en Primaria, sobre todo tendo en conta que ti vas poñer todo da túa parte para que Pablo e Ana sigan avanzando a toda velocidade!!!! Un bico forte!!!

      Eliminar