LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

viernes, 7 de junio de 2013

¡OUTRO RETO SUPERADO!

Smiley Que bien¡Estou encantada! De novo, hoxe pola mañán, cando chegaron os meus pementeir@s, levei unha alegría porque seis chicos/as trouxeron nun papeliño a solución ao enigma que lles plantexei onte no cole e que, despois, tamén colguei no blogue (por se algún despistadillo/a non recordaba ben cales eran as preguntas que había que responder).
¡Mirade que orgullosos estaban os fantásticos investigadores que superaron o reto!



¡Parabéns para Valeria, Miguel, 
Pablo  e  Ana, Jorge e Antón!

Todos eles averiguaron que o fillo de Dédalo, o constructor do laberinto onde estaba encerrado o Minotauro na illa de Creta, se chamaba Ícaro. Dédalo quería escapar de Creta con Ícaro e pensou que a mellor maneira de facelo era fabricar unhas ás para cada un deles e pegalas aos seus corpos con cera. Así o fixo, pero como a cerase derrete coa calor, avisou a Ícaro para que non voara moi cerca do sol. Pero Ícaro era un rapaz moi impulsivo e entusiasta que se emocionou voando coas súas ás novas e, olvidando as advertencias do seu pai, voou moi alto, pretiño do sol e... ¡a cera derreteuse, as ás despegáronse do seu corpo e caeu ó mar!

Ana e Pablo Carril, ademáis do seu papeliño coa resposta trouxeron  dúas imaxes dese relato mitolóxico.


"Caída de Ícaro" de Carlo Saraceni

Se queredes ver unha montaxe con imaxe e son feita polos nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP San Félix déixovos o link:



No hay comentarios:

Publicar un comentario