LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

jueves, 28 de marzo de 2013

O COELLIÑO DE PASCUA

Como xa ven sendo tradición, no Cole Rosalía de Castro, en concreto pola parte de infantil (onde sempre pasan cousas fantásticas, divertidas e sorprendentes) o coelliño de Pascua chegou caladiño e deixou uns agasallos para todos os pequerrechos que están nas aulas "A Sementeira", "Paseo do Espolón" e "A Pementeira". 
Normalmente, sempre deixaba ovos de chocolate escondidos polo patio: entre as herbas, no tobogán,, detrás das árbores... onde a el se lle ocurrira (porque é un colello moi bromista). Pero este ano, como non paraba de chover, e chover, e non había maneira de estar por fóra, tivo unha idea diferente: deixou na Aula de Psico un montón de globos de cores. Pero non eran só globos porque dentro... ¡HABÍA UNHA SORPRESA!

Primeiro os "peques" tiveron que pechar os ollos ....




E despois.... ¡veña! ¡a explotar os globos!
E ¿sabedes qué? ¡DENTRO HABÍA OVIÑOS DE CHOCOLATE!


















E, por último, para rematar a festa... 
¡TODOS  A  BAILAR!























¡Foi un fantástico remate de trimestre! Agora a disfrutar das vacacións e... á volta:
¡máis cousiñas dende o noso blogue "Pementeiradas"!
¡BOA  PASCUA!