LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

jueves, 6 de junio de 2013

¡UN NOVO RETO!

Estamos todos moi interesados na mitoloxía grega estes últimos días de curso. ¡Qué pena que non nos dé tempo de facer todo un proxecto! ¡Estaría xenial! 
File:Crete location map.png

Así que hoxe pola mañán xa lles plantexei un novo reto mitolóxico aós pementeiros/as e, por se algún non o recorda ben, tamén o quero plantexar aquí no blogue.
¡Velahí vai!

Minos mandou construir un laberinto na illa de Creta, onde el gobernaba, para encerrar ao Minotauro, o fillo da súa muller, Pasifae, e o touro branco que xurdira de entre as ondas do mar.

O encargado de construir o laberinto foi o gran inventor e arquitecto Dédalo. Ninguén era quen de atopar a saída do laberinto unha vez que estaba dentro.


Dédalo estaba xa canso de vivir en Creta e obedecer a Minos, pero o rei  non o deixaba marchar. Así que tivo que idear unha curiosa maneira de escapar da illa.

Polo tanto, pementeiros e pementeiras, o que vós tendes que averiguar é o seguinte:

¿Como se chamaba o fillo de Dédalo? ¿Que plan elaborou Dédalo para fuxir de Creta co seu fillo? ¿que ocurriu finalmente?

Ben, xa sabedes, hai que investigar para averiguar as respostas a estas preguntas. Cando resolvades os enigmas, escribide as respostas nun papel e traédeo ao cole. Así entre todos poderemos coñecer unha nova historia da mitoloxía grega.

¡Ánimo chic@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario