LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

domingo, 10 de febrero de 2013

UN ENTROIDO CHEO DE CELEBRIDADES

O cole Rosalía encheuse o venres 8 de febreiro de cantantes famosos que nos fixeron pasar unha mañán moi divertida. Pola "Pementeira" paseáronse lucindo as súas mellores galas algún que outro Michael Jackson, un par de Elvis Presley , unha xovencísima Tina Turner, varias Shakiras, un dos miembros de Kiss, a nosa diva particular María Callas, algunha "rapera" (definida a si mesma como "rocanrola"), varias representantes da música flamenca (Martirio e Lola Flores entre elas), unha tal Stephanie (penso que de Lazy Town), unha pequena cabareteira (pode que fose unha Liza Minelli aínda nena preparándose para o que ía ser o papel da súa vida e polo que gañou un oscar), un colorido King África e... algún outro artista que non sabía moi ben quen era. En fin, xa sabedes como é este mundo da farándula, ás veces non se descansa ben polas noites e pérdese ata o conciencia de un mesmo, jajajaja.
Aquí vos deixo as imaxes do día.












Antes de saír ao patio para o desfile houbo baile na aula, actuacións en directo encima das mesas... vamos... ¡DESMELENE  TOTAL!













Despois, chegou o momento do desfile. Nese momento parece que os desenfrenos dos numerosos artistas que nos visitaban empezaron a moderarse... e con tanta moderación, xa nin saúdaban ao público que se congregara no patio cuberto para aclamalos. Toda a forza parece a xa a consumiran dentro.
Tras o desfile, todos disfrutamos de algunhas actuacións.













Os encargados de poñer a música do evento foron Mario Vaquerizo e Alaska.

Despois de tanto espectáculo tocou merendola.
E, por último, apareceron polo noso fantástico escenario algúns artistas máis, que tamén quixeron que quedara constancia gráfica do seu paso polo Rosalía: Pitbull, Paulina, Liza Minelli (penso que xa algúns anos despois de gañar o Oscar), Rihanna, a Pantoja, Mario e Alaska e Cindy Lauper.


E, por último, aquí queda un vídeo desta amalgama de cantantes que se uniron espontánemente para cantar e bailar Siyahamba, a súa canción africana favorita.



E agora a disfrutar das festas do Entroido e a descansar  para volver o xoves con moitas ganas de traballar e de aprender cousas novas.










7 comentarios:

  1. Tete estan guapisimos todos, vexo q tivestedes moita variedade de artistas, espero q reunirades autografos de todos e cada un deles porq unha oportunidade como a vosa non a ten case nadie. Ademais vexo q disfrutaron ó tope do momento e eso é o importante, eu creo q non tiven esa sorte con Daniela e creo q ela non disfrutou tanto do momento como deberia, pero q lle vou facer.... Un bico moi forte. E por certo, non nos podemos olvidar do disfrace da profe, ti tamen estabas guapisima, Tete

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por todo Peregrina e que conste que a foto das profes foi sobre todo por ti, jajajaja, e de feito díxenlle aos meus compis que tiñamos que poñer unha foto nosa para as mamás que o solicitábades. Xa que nos rimos cos pequechos, hai que rirse tamén cos máis vellos, jejejeje. Daniela non facía máis que tapar os oídos, non lle gusta nada o ruído e as multitudes, pero eu penso que a medida que vaia pasando o tempo irá "soltándose" e disfrutando mais. Eu espero que si porque son días fantásticos para eles e ela tamén ten que disfrutar destas xornadas máis lúdicas. Un bico e a pasalo ben no Entroido.

      Eliminar
    2. Moitas gracias teté. A verdade é q a nos (tanto a seu pai como a min) encantaríanos q superase ese pánico q lle ten ós ruídos e ás aglomeracións, pero realmente xa non sabemos q máis facerlle, é unha pena q non disfrute destes momentos, pero non podo perder a esperanza de q supere este paso. Un bico para todo o equipo, sodes unha pasada.

      Eliminar
  2. Muy buenas pementeir@s, estais tod@s guapísim@s, muy logrados los disfraces y muy metid@s cada un@ en su papel. ¡Qué recuerdos! , hace 4 días, jajajaja..... estaba yo en ese colegio, y ahora están mis hij@s disfrutando de la que es sin duda la etapa más feliz de su vida, a pesar de que ell@s no son conscientes de ello. Veo que todos los pementeir@s disfrutaron del día, hubo mucho baile, mucha fiesta y mucha merendola.
    Decir que Liza Minelli y Mario Baquerizo, están auténticos.
    Feliz Entroido, disfrutar de estos días y nos vemos el jueves. Besitos...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por el piropo, pero el premio fue para Mario por unanimidad. No podía estar mejor!!!! Me encanta cuando en estas celebraciones hay participación de los mayores porque a los niños les hace mucha gracia vernos con estas pintas. Yo les puse un vídeo de Liza y empecé a cantar y me miraban con una cara de "¿quién es esta loca que acaba de poseer a la profe?" que ni te cuento. Y de Elvis no te digo nada, estoy aún con la boca abierta, un desenfreno (debía de ser ya al final de su vida cuando iba un poco pasado de vueltas, jajajaja), subido a las mesas, con unos movimientos y unos toques de guitarra que no era normal...en fin, una locura. Y la merienda, bueno, lo de siempre, excesiva, con decirte que varios profes de primaria vinieron a tomarse algo por allí (también hay que decir que fuimos los que mejor nos lo montamos, jajajaja). Gracias por todo y feliz Carnaval!!!

      Eliminar
  3. Xa fostedes os que mellor o montástedes en mais de unha ocasión. Eu creo que o resto do cole tenvos un pouco de envexa (sá, claro) porque sempre montades unhas festas e unhas "juergas" que da pena non poder unirse a elas. Pero disfrutamos véndovos no blogue (gran invento).
    O de Liza Minelli sonará repetitivo, pero é certo. Lógralecho ben logrado. Creo que xa lle gustaría a ela ter este corpo. Ja,ja,ja.
    Noraboa a todos: nen@s, profes e mamás e papás por discurriren tantos difraces diferentes e orixinais.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajajaja! Moitas Grazas Pili! a verdade é que xa que facemos traballar tanto aos peques tamén temos que facer un pouco de festa e de teatro nas ocasións que se prestan... e entendo que teñades ganas de vir... a pena é non ter moito sitio para celebracións, pero intentaremos darvos un bo festival de fin de curso e que o disfrutedes de verdade. E, de verdade, alégrome de que o blogue sirva un pouquiño polo menos para compartir o que facemos no cole coas familias. É para vós e para os nenos/as que así vos poden contar máis cousas e con máis detalle. Grazas de verdade por animarnos tanto!!!!

      Eliminar