LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

domingo, 17 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN

O xoves 14 de febreiro celebramos no cole o día de San Valentín: día do amor e da amizade. Por iso os nenos e nenas de Educación Infantil escolleron a un compañeiro u compañeira para facerlle un dobre agasallo:
  • unha mensaxe escrita nun corazón.
  • unha "chuche" con forma de corazón.

Xa sabemos que estas celebracións son un pouco comerciais e consumistas, pero a pretensión das profes de infantil simplemente foi animar aos cativ@s a expresar os bos sentementos e a alegría de estar cos amigos, de ter con quen compartir as cousas, de disfrutar dun momento no que o protagonista non é un mesmo senón o outro, alguén a quen lle imos dicir algo bonito e entregar un regaliño...
En fin, aquí vos deixo as fotos para que compartades ese momentiño cos vosos fillos e fillas.




















































4 comentarios:

  1. Pero que sentimento se respira nesta aula, madre mía... canto amor!! Vámoslle a transmitir este sentimento á nósa profe Ana para que se recupere prontísimo!!! Mañá Daniela coñecerá á nova profe Laura... a ver cal vai ser a súa impresión ó non ver a Ana... eso que xa a levo avisado estes dous días... Un bico Teté!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a ver que tal vai todo. Seguro que ben e xa procuraremos entre todos que a falta da profe Ana non sexa moi traumática, aínda que xa sabemos que para os sementeir@s é insustituible. En fin, grazas Peregrina e a ver se tes razón e Ana volve prontiño.

      Eliminar
  2. Xa vexo o ven que o pasades pementeir@s!!! Este Cupido anda Facendo estragos por Padrón. Gardade algún biquiño para cando eu volva eh??? Non vaiades a acabalos todos!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ti non te preocupes que bicos hai sempre e de sobra. Todo hai que dicilo, faladores son e ás veces dan traballiño porque as linguas non paran de moverse... pero en cariñosos tamén levan premio e estou segura que teñen bicos para recibirche á volta!!! E veña a poñerse ben que tes que volver pronto!!!

      Eliminar