LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

lunes, 4 de febrero de 2013

GLOBOS E POMBAS

Hoxe, luns 4 de febreiro, por fin o mal  tempo quixo darnos un descansiño e aproveitamos para celebrar o Día da Paz como é debido.
Tíñamos os nosos globos preparados para voar...en realidade non todos estaban preparados... xa vos contaremos máis adiante.



O caso foi que saímos todos ao patio, colocámonos e... 
¡¡¡¡¡SORPRESAAAAA!!!!


Dentro dunhas caixiñas, había un montón de pombas.
E...¡que sorte! os nenos e nenas de infantil tiveron a oportunidade de soltalas para que voando vaian levar mensaxes de paz polo mundo. ¡Mirade!
















E despois de soltar as pombas, chegou o momento de soltar os globos. O que pasou foi que algúns parece que non tiñan moitas forzas e non subían co peso das mensaxes de paz. Pero, concentramos toda a nosa enerxía en que se elevaran por ese ceo gris de hoxe, e algún si que marchou cara quen sabe donde levando unha mensaxe para alguén que o queira recibir.











  














E finalmente, poidemos ver as pombas en formación polo ceo ... ¿voltarían á súa casa? ou ¿marcharán a outro cole a levar mensaxes de paz? Quen sabe...




2 comentarios:

  1. Que bonito!!! A verdade é que esta etapa da vida é preciosa e vós, o profesorado, tedes opción de podela disfrutar no día a día con todolos pequenos, espero que esas pombas repartan toda a felicidade e toda a paz polo mundo enteiro!! Un bico enorme!! e.... a ver como lle queda ese bigote a tódol@s sementeir@s, pementeir@s......Bicos para tod@s

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Peregrina. A verdade é que onte pasámolo moi ben, gustoulles moito soltar as pombas e os globos coas mensaxes a pesar de que unha das mensaxes quedou no cole. E hoxe xa me contaron que outra esta na beira do río en Padrón. A ver se algún pescador a rescata e nos responde, jejjejejeje!

      Eliminar