LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

viernes, 7 de diciembre de 2012

XORNADA MICOLÓXICA

Hoxe tivemos un día moi especial no cole. Veu visitarnos o papá de Antón, Miguel, para contarnos un montón de cousas sobre as setas.
   Díxonos como se chamaban as distintas partes das setas (e fixo un debuxo na pizarra). A parte de arriba chámase sombreiro. Despois está o que é quen suxeita o sombreiro e xa na parte inferior do pé está a volva. Algunhas setas teñen un anel no pé, e no caso da lepiota este anel pódese subir e baixar.









Os pementeiros e pementeiras estiveron moi, moi atentos todo o tempo. póñovos aquí unhas fotos para que vexades que estaban super-concentrados no que lles estaba explicando o "profe-por-un-día" Miguel. A verdade é que contaba todo tan ben que o público estaba coa boca aberta.




A continuación, coa axuda de algúns "pementeir@s" ensinounos unhas fotografías preciosas de distintos tipos de setas cos seus nomes e explicounos algunhas diferencias que hai entre as setas comestibles e as setas venenosas.









Miguel tivo a boa idea de traer algunhas setas de verdade metidas nunha caixiña de cartón para que poidéramos casi sentir que estabamos nun bosque auténtico con distintos exemplares de setas. Unha era moito máis grande que as outras, a Macrolepiota, e outra parecíase un montón a unha esponxa de mar, a Clavaria Rizada. Tamén había Boletus, Cantarelos e Níscalos. estes últimos saben tan ben, tan ben que ata se chaman Lactarius Deliciosus.






Pero, non foi este o único regalo que nos trouxo Miguel xa que tamén tiña unha Amanita Muscaria que parecía de verdade, pero non, porque a fixeron Antón e Catuxa coa axuda do seu papá. E o mellor de todo foi que tiña unha sorpresa xa que ao sacarlle o sombreiro, dentro do pé, había... ¡¡¡¡CHUCHES!!!
 

Como o pasamos tan ben e aprendemos tantas cousas sobre as setas, ao final démoslle un forte aplauso a Miguel, o papá de Antón, para agradecerlle que compartira con nós todo o que sabe de micoloxía (porque tamén nos dixo que a ciencia que estudia as setas se chama Micoloxía) e nos trouxera tantas cousas.



Pola tarde, estivemos facendo setas de plastilina. Cada un tiña que pensar cal era a que máis lle gustaba e facela e, non tiveron dúbida ningunha, todos e todas fixeron unha Amanita Muscaria. ¡Mirade!
















Agora temos un minirecuncho micolóxico.

E, antes de marchar para casa, por suposto comemos as chuches que estaban dentro da nosa Amanita.
¡Foi un día xenial!
¡Moitas grazas, Miguel!














8 comentarios:

  1. Pero, cantas actividades diferentes e novedosas este ano!!! Estades que non parades!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que neste cole non paramos de traballar, de disfrutar, de aprender...! Pero é que onde hai boa materia prima, os artesáns poden facer auténticas maravillas!!! Grazas!!!

      Eliminar
  2. Holaaa, son Miguel. A verdade e que despois de ver as fotos do marabilloso blog, non me extraña que escolleran a Amanita Muscaria, pois teñen todos unha cara de alucinados!!!. Como xa dixen na clase, foi para min un enorme pracer poder compartir ese día con todos os Pementeir@s, e moito mais, ao saber que foi tan ben acollida a charla. En canto as setas de plastilina, e aínda que todas están fenomenal, mención especial para a seta de Daniela que case roza a perfección. Un bico para tod@s os Pementeir@s (incluída a profe) e Felices Festas!!!.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Miguel por vir o venres e por preparar tan ben a sesión. Estás feito un profesional!!! Vasme quitar o sitio!!! A verdade é que os pementeiros estiveron moi atentos e disfrutaron moito. Eu estou encantada de que che demostraran que son maiores e saben concentrarse e atender, e fanme estar moi orgullosa deles. Grazas!!!!

      Eliminar
  3. Hola, soy Maló, estoy un poco celosita por no haber podido aportar nada en este trabajo de las setas que han hecho entre los 3, pero mi horario laboral últimamente me deja muy poquito tiempo libre; no obstante estoy super contenta por la acogida que tuvo Miguel con los niños, viéndoles las caras ya lo dicen todo y él también llego con una cara muy similar.
    Felicidades a todos los Pementeir@s por el trabajo realizado y también gracias a tí Teté por dejar que los padres participemos un poquitín en tus clases. FELICES FIESTAS !!! Y MUCHOS BESITOS PARA TOD@S.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Maló para mi fue un día casi de descanso, jejejeje! yo me limité a hacer fotos y tu marido a currar. Estuvo todo muy bien, y los peques se portaron muy bien y estaban muy interesados en lo que les contaba Miguel. Y tú también pusiste tu parte, a fin de cuentas los genes de Antón y Catuxa son tuyos, al menos la mitad, jajajaja. Muchas gracias por TODO, y yo también os deseo que tengáis buenas fiestas!!!!

      Eliminar
  4. fue una sesión micológica genial! Daniela (y los demás) llegaron encantados y, una vez más, yo aprendí de ella porque tenía la lección muy bien aprendida!!!

    y, por cierto, le transmití el mensaje de Miguel sobre su seta... y menuda cara de satisfacción!!
    muchísimas gracias a la familia Villaverde López y a Teté que se pasa el curro de publicarlo en el blog para compartirlo!

    besos

    María Basadre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, María. Es gratificante ver que a los padres/madres os gusta ver lo que hacen los pementeiros. Para ellos, eso muy motivador y si el blog sirve para esa finalidad pues ya cumple una función importante.

      Eliminar