LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

sábado, 22 de diciembre de 2012

SESIÓN DE TÍTERES

Hoxe tivemos unha sesión de títeres no cole. Todos os nenos e nenas de Educación Infantil, e as profes, claro, disfrutamos coa representación do conto  CARAPORQUIÑA VERMELLA da man de Títeres  Tres Globos.
A historia, como vos poderedes imaxinar polo título, tiña algún lixeiro parecido coa de Carapuchiña Vermella. 

Pero, neste caso, a protagonista era unha porquiña.

A verdade é que foi moi, moi divertido. Pasámolo tan ben que, ao mellor, queredes ver na casa un resumo desta xornada de teatro, emoción e risas. Pois aquí vos deixo unha sinxela montaxe de vídeo e fotografías.Espero que vos guste.



4 comentarios:

  1. É verdade que os nenos e nenas o pasaron estupendamente pero as profes tampouco nos quedamos atrás. Foi unha sesión de risoterapia en toda regra!
    Aproveito tamén para desexar un bo nadal a todas as familias que forman parte da aula "A Pementeira"; vémonos en xaneiro!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas compi! En xaneiro teremos que facer outra festiña de benvida ao aninovo!!!

      Eliminar
  2. Moi chuli a presentación da sesión de titeres!!! tesme que ensinar a facer estas presentacións. Un saúdo dende o Paseo do espolón.

    ResponderEliminar
  3. se nota y se oye lo bien que lo pasaron. Vinieron encantados de ese "especial Navidad" que organizasteis.

    muchas gracias... y a por el segundo "round" del año ;)

    besos
    María Basadre

    ResponderEliminar