LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

domingo, 2 de diciembre de 2012

DEBUXOS DE ÁFRICA II

Esta semana rematamos o noso Panel das Tres Preguntas sobre África. Aquí está por se tedes curiosidade por saber qué cousas queren investigar os pementeir@s sobre África. 
  • Neste panel imos tomando nota das cousas que xa sabemos de África.
  • A continuación imos anotando as cousas que nos gustaría saber. Neste caso é importante que os nenos/as vaian aprendendo a formular preguntas lóxicas sobre cuestións relacionadas co tema do proxecto que se lle van ocurrindo a medida que van achegándose a nova información.
  • En terceiro lugar, eles mesmos teñen que reflexionar acerca dos medios cos que contamos para obter datos sobre o tema do proxecto.

Algunhas das preguntas que formularon días atrás xa teñen unha resposta porque a medida que imos lendo libros, vendo vídeos ou buscando información en internet, por exemplo, pois aprendemos cousas que antes non sabíamos. Outras, pola contra, aínda non sabemos como contestalas así que teremos que seguir investigando.
Tamén na casa podedes investigar se queredes; e se averiguades algo novo será estupendo se o compartides con todos os nenos/as de "A Pementeira".

Seguimos lendo contos africanos e disfrutando dos libros que nos contan  cousas da historia, a xeografía, a fauna, a arte, as tradicións ... do continente africano. Neste blogue xa  vos deixamos ver algúns dos libros que temos na aula e que imos empregando día a día. Agora podedes ver algún máis. ¡Mirade!









A continuación podedes contemplar máis debuxos sobre África que foron rematando os pementeir@s esta semana e  ao lado aparece a "descripción" do debuxo de cada un.









 

Outra cousa moi divertida que facemos de vez en cando na aula e xogar con TIBAO no ordenador.
Na parte dereita deste blogue, onde podedes ver distinta información e onde podedes acceder a algúns enlaces interesantes como cancións, xogos etc., a partir de agora tamén veredes a imaxe de Tibao e clicando nela podedes entrar no seu divertidísimo mundo.¡Veña! ¡A disfrutar con TIBAO!





5 comentarios:

  1. QUE BEN TRABALLAN ESTOS PEMENTEIROS CANTOS RECORDOS SEGUIDE ASI CHICOS QUE CHEGAREDES MOI LONXE UN SAUDO DOS PAPAS E DE MIGUEL DA CLASE PASEO DO ESPOLON

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Conchi! ti sempre disfrutas moito coas actividades que fixemos, anos atrás, e facemos agora no cole e sempre é moi gratificante ver que nas familias se valora o traballo do cole. E claro, na vosa casa xa é a segunda vez que viaxades a África, jajajja! Non parades!

      Eliminar
  2. Hai moitas preguntas interesantes na lista dos por qués que tamén nós trataremos de averiguar.
    Por outra banda, o mércores pasado pola tarde estivemos na biblioteca de Padrón e Rita atopou o libro de "La Máscara del León" pero en galego. Quixo traelo para a casa e lémolo despois de cear. Alégrome moito de que o trouxera porque, gracias ó libro e ó león da máscara, Rita, Pablo descubriron que sempre é mellor levar un sorriso na boca e non berrar nin gritar. OUTRA COUSA E QUE DESPOIS O LEVAN Á PRÁCTICA, pero por algo trataremos de empezar.
    A próxima semana temos que entregalo, así que os que o queiran ler, alí estará. A nós gustounos moito.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome de que os libros cos que estamos traballando lles gusten e ao mesmo tempo sirvan para sacar conclusións sobre a vida en xeral e a maneira máis axeitada de realcionarnos entre nós. E a verdade é que nos contos tradicionais africanos sempre aparecen valores importantes e nos suxiren reflexións moi interesantes, en fin, estas lecturas e as conversas que veñen despois eu penso que son moi productivas e, aínda que pareza que non, sempre queda algo... Grazas Pili.

      Eliminar
    2. As grazas témoschas que dar nos a ti.

      Eliminar