LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

miércoles, 19 de diciembre de 2012

CARTAS Y HOMO SAPIENS


Onte recibimos na aula "A Pementeira" a resposta dos nenos e nenas de Brión á carta que nos lle escribiramos fai uns días a eles. Foi una sorpresa grande. Grande de verdade xa que... ¡non cabía no buzón!


Por si non recordades ben o que nós lles contamos a eles, déixovos aquí a nosa carta e a continuación a resposta que eles nos escribiron.



Agora, aquí vai a carta que os nenos e nenas da Aula Verde nos remitiron a nós. 


Tamén nos enviaron unha preciosa felicitación de Nadal. ¡Mirade!


¿Que vos parece? A nós gustounos moito porque cada neno e nena puso a súa foto e nun "bocadillo" escribiu a súa frase de felicitación.
Pero o máis, máis importante da carta foi que grazas a estes nenos e nenas da Aula Verde, aprendemos unha cousa moi interesante que antes non sabíamos.
Se ledes a súa carta veredes que nos contan que teñen un recuncho de Galicia na clase e que descubriron que, en Triacastela, hai unha cova na que se atoparon restos de Homo Sapiens.

Ben, como moitos xa sabedes, a min encántame plantexarlle retos aos pementeir@s. E, claro, a cousa estaba cantada. A miña pregunta foi se eles/as sabían o que era un Homo Sapiens e ninguén foi capaz de explicarme nada, nada de nada. Así que o reto foi...
-A ver quen é un magnífico investigador, averigua que é iso do Homo Sapiens e me conta mañán todo o que sabe sobre ese tema.

A cousa quedou aí. E hoxe pola mañán levei unha estupenda sorpresa porque cinco nenos, tan pronto entramos na aula, contáronme os resultados das súas pesquisas.

ÁNGELA: - Mamá me dijo que era un hombre que hace muchos años era un mono.
ANTÓN: - Papá a mi me dijo lo mismo.
MIGUEL: - El Homo Sapiens es una persona que vivió hace muchos años.
LOLA:-Mamá me dijo que nosotros somos de la familia de los monos y el Homo Sapiens era un mono que se parecía a una persona.
PABLO DE JESÚS: -En internet ponía lo mismo que dijo Miguel.


¡Canto me gusta que os pementeir@s se acorden de preguntar cousas na casa! e ¡canto me gusta que os papás e as mamás compartan con eles eses momentos de investigación! Así si que se aprenden moitas cousas. 
                        
   






4 comentarios:

  1. Eu dubido de que "todos" os homo sapiens vivisen fai tantos anos. Ás veces, paréceme que estou vendo a algún polo rúa. (Igual son alucinacións...) Ja, ja, ja.
    Fora bromas, eu sempre lles digo os nenos que cantos mais amigos temos, mais ricos somos. Esta é unha boa proba diso. Agora saben que tendo amigos tamén se apreden cousas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa ves, os temas de investigación aparecen cando menos o esperamos pero iso é o bo do cole, sempre temos sorpresas agradables, e como ben dis ti, cos nosos amigos podemos descubrir cousas e abrir novos focos de interese. Grazas Pili por poñer tanto interese nas publicacións do blogue!

      Eliminar
  2. la correspondencia con Brión me encanta!! para ellos tiene que ser muy emocionante cada vez que llega una carta!!!!! Y el intercambio de conocimientos muy enriquecedor

    Es increíble que el primer trimestre llegue a su fin, me parece que este año va a pasar volando!!!

    besos

    María Basadre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. La verdad es que está muy bien esto de escribir cartas porque trabajamos muchas cosas: la construcción de las frases, los signos de puntuación... y ahora es más gratificante para ellos porque ya son mucho más autónomos escribiendo y casi no me necesitan a mi. Sólo tengo que ir recordándoles lo que hay que escribir (porque lo decidimos previamente entre todos y yo lo tengo anotado, claro) y luego algunas cosillas que lógicamente aún no tienen controladas. Pero yo creo que es una actividad de las más bonitas que pueden hacerse en infantil. Esperar la siguiente carta, leer lo que nos cuentan y, como en este caso, investigar cosas nuevas. Gracias!

      Eliminar