Dentro do nos proxecto sobre África, é lóxico que reservemos un lugar especial para Exipto. Un país cheo de historia, de arte e de misterio.
Aprendemos que os antigos exipcios construíron pirámides, como as de Giza, para enterrar aos seus faraóns...

Tamén descubrimos que un dos ríos máis longos do mundo é o Nilo que pasa por Exipto...
Ademáis os exipcios construían grandiosos templos, algúns excavados nas rocas como os de Abu Simbel, e levantaban obeliscos...

Outra cuestión que lles gustou moito foi o dos xeroglíficos e o feito de que case ninguén sabía escribir e por iso a profesión do escriba era moi importante.
Como xa sabedes, neste curso non houbo encargado na aula "A Pementeira" , nin axudante para facer a ficha do panel. Non. Agora temos un faraón e un escriba, claro, non podía ser doutra maneira. Por iso podedes ver na marxe dereita do blogue a todos os faraóns que veñen ao cole todos os días con moitas ganas de aprender e de disfrutar. ¿A que están moi guapos e moi felices?
los faraones son guapísimos!! y les sienta genial el serlo..
ResponderEliminarhoy la escriba iba feliz porque, por fin, cambió la estación y ya no hay que poner "inverno"
el libro de la Seta pizpireta es genial!! felices de que nos hubiera tocado, por fin!!
besos
me alegro de que el libro esté gustando porque los hago con toda la buena intención para que los disfrutéis en familia. No hay mejor pago a mi trabajo que el hecho de que los pementeir@s tengan ganas de llevar los libros y de contar cosas que han aprendido. Pero en este libro también hay importantes aportaciones del papá de Antón y tengo que reconocérselo!!!!!
Eliminar