LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

sábado, 16 de marzo de 2013

¡GÚSTANOS O TEATRO!

Onte, venres 15 de marzo, fomos ao teatro a Santiago a ver "O patiño feo". Estábamos todos tan emocionados que nos costou un pouco de traballo organizarnos para saír. Houbo que ir ao baño e repetir, e volver a repetir, as normas de comportamento, por exemplo:

  • Formamos filas para ir ata o bus e, despois, cando baixemos, para chegar ao teatro.
  • Camiñamos, non corremos, por parellas dándolle a man a un compañeiro/a.
  • Hai que ir sentados no bus e co cinturón de seguridade posto.
  • Sempre imos todos xuntos, seguindo á profe (igual que os patiños van seguindo a mamá pata) e por parellas, 
  • No teatro permanecemos sentados na nosa butaca e podemos cantar ou dar palmas cando nos indiquen os actores pero non nos poñemos a berrar e a alborotar porque non poderíamos escoitar os diálogos.
No bus xa se podían ver as caras de emoción dos pementeir@s:












No cole "La Salle" tivemos que esperar un pouquño antes de entrar e aproveitamos para comer as galletas que levaban as profes para, despois, non ter fame no medio da obra teatral. Unha vez entramos, ocupamos os nosos postos e... ¡a disfrutar do "Patiño feo"! Mirade que atentos estaban todos:



















































Non sei que pensades vós, pero a min dame a impresión de que o pasaron moi ben!
E agora, por se queredes ver a historia do patiño feo na casa, aquí vos deixo un vídeo de youtube:



8 comentarios:

  1. pero mira que o pasamos ben o venres!!! todos os nenos e nenas do Cole Rosalía portáronse estupendamente. As profes estamos moi orgullosas dos nosos alumnos e alumnas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que sí!!!! E menos mal que se portaron ben para que os podamos levar máis veces a ver obras de teatro, jajajaja!

      Eliminar
  2. Holaaa, son Miguel o papá de Antón. Entendo o nerviosismo de ese día, xa que a Antón costoulle moito durmir a noite anterior e non paraba de falar do tema, pero vexo que o pasaron en grande e polas fotos vese que estiveron moi participativos. Felicidades profes e pementeir@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pasámolo todos moi ben. A obra foi moi bonita e, a verdade, é que o comportamento foi moi bo. Home, levantábanse algunha vez da butaca pero era coa emoción da historia que, claro, ten moita intriga e estabamos todos esperando a ver como se solucionaba a traxedia do pobre parruliño, jijiji! Grazas!!!

      Eliminar
  3. Noraboa Teté!!! A verdade é que vexo que todos o pasaron en grande!!! Daniela (3 anos) veu encantada!! Un bico enorme para tod@s!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Peregrina! sei ben que Daniela o disfrutou de verdade, vina saltar e rir coma nunca a vira nestas actividades, ¡que alegría que empece a pasalo ben, ben, ben nestas cousas!!!! Un bico para ti e para Daniela tamén. Grazas sempre polos teus comentarios.

      Eliminar
  4. Vinieron todos encantados y me alegra que al final el comportamiento fuese bueno pues iban super nerviosos al menos los míos que pasron la semana pendientes del viernes y contando los días. A Zeljko le encantó y quiere repetir y a Mia aunque le gusó mucho dice que se equivocaron con la canción jijiji supongo que en su clase cantan otra o algo así.
    Un saludo y a eguir disfrutando que ya entramos en la recta final de este curso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegro de que llegasen contentos. No sé en qué se equivocaron, jajajaja. Los de transeduca siempre nos dan un cd con las canciones del teatro y las escuchamos en clase pero tenemos las tres profes el mismo cd. Sabe Dios qué esperaba escuchar Mía!! Pero bueno, yo entre fotos, avisar que se sienten, mirar si atienden, y estar pendiente de si les entran las ganas repentinas de hacer pis, jajaja, puede ser que no me haya enterado mucho de si cambiaron alguna canción. Bueno a ver que tal va todo ya durante la semana y luego a preparar el final de ciclo!!!! Cómo pasa el tiempo!

      Eliminar