LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

sábado, 9 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER

Onte, día 8 de marzo, foi o Día Internacional da Muller. Os pementeir@s tiñan unha tarefa que facer nas súas casas: buscar o nome de algunha muller importante na historia, que fixera algo polo que pode ser admirada, respetada e valorada socialmente... Ben, o caso foi que só un neno, Antón, chegou o venres co nome dunha muller importante: Isabel Allende.
Como recoñecemento a esa boa memoria de Antón, que recordou o encargo que eu lles fixera o xoves, auí vos deixo unha foto da escritora Isabel Alende e unha bonita frase súa:



"Escribir una novela es como bordar una tapicería con hilos de muchos colores: es un trabajo artesanal de cuidado y disciplina."
Despois Antón tamén nos dixo o nome doutras dúas mulleres importantes que todos coñecemos porque xa falamos en máis ocasións delas e tamén me parceu moi axeitado que as recordase neste día especial: Rosalía de Castro e Wangari Maathai.


A miña contribución neste Día da Muller é recordar a un grupo de  mulleres galegas que deixaron a súa pegada na nosa historia. Sobre elas preparei unha presentación para todos os que queirades vela ou por se vos sirve para comentala na casa cos vosos fillos. Espero que vos guste.



2 comentarios:

  1. Noraboa a Antón, por ser o único atento da clase e acordarse da tarefa para o día da muller traballadora, porque creo que os demáis non estaban prestando moita atención ese día. Polo menos, Rita nin mencionou nada da unha tarefa. Alegrome que alguen estivese interesado no tema.
    Teté, unha boa recopilación de mulleres galegas relevantes na historia. Maruja Mallo veulle moi ben a Pablo, porque están estudiando pintores entre eles, esta muller.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili, sempre é importante recoñecer os méritos sobre todo nestes días de tantas chamadas de atención! a ver se facendo fincapé nas cousas boas, con reforzo positivo, empezamos todos a mellorar na "Pementeira".
      Alégrome de que vos viñera ben a presentación. Xa sei que Maruja Mallo anda pola "Sementeira" jajajaja, aquí todo se sabe, temos boa comunicación as tres veciñas da rúa de infantil, jajajaja!!!!! Grazas e unha aperta para Rita (a ver se mellora e pode ir ao teatro)

      Eliminar