LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

viernes, 15 de marzo de 2013

MÁSCARAS AFRICANAS

Por suposto, todos sabedes que o noso proxecto de África segue en marcha e procuramos que non se nos esqueza traballar de cando en vez algunhas cousas interesantes. Onte, por fin, rematamos as nosas máscaras "africanas". Foi un longo proceso pero o resultado é moi chamativo. Empregamos varias técnicas para darlle cor e textura e, finalmente, o noso corredor de infantil está cheo de reminiscencias africanas.
As máscaras empréganse para realizar todo tipo de rituais e celebracións en África.Por exemplo, nalgúns casos poden servir para recordar aos que xa non están vivos ou, tamén, para pedirlle aos deuses que os axuden a ter boas colleitas. Os materiais máis habituais para confeccionar unha máscara son: a madeira, as fibras naturais, o marfil...
Aquí vos deixo algunhas imaxes para que disfrutedes destas interesantes mostras da arte africana.




¿Que vos parecen?
Ben, pois agora podedes ver como traballaron os pementeir@s e o resultado do seu esforzo:




















A arte africana tivo unha enorme influencia en moitos artistas. Por exemplo, Picasso pintou un famoso cadro no que se aprecia, nos rostros dalgunhas mulleres, un certo parecido coas máscaras africanas. ¡Mirade! 


Titúlase "As señoritas de Avignon"
¿Adiviñades cales das cinco mulleres do cadro teñen un rostro que pode recordar a unha más cara africana?










2 comentarios:

  1. ola son rita. as muhlleres que teñen mascara africaras son as 2 da dereita.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que si! Picasso representou a estas mulleres cun aspecto moi similar a unhas máscaras africanas. É facil adiviñalo, verdade?

      Eliminar