LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

jueves, 22 de noviembre de 2012

¡VIAXAMOS A ÁFRICA!

NESTE CURSO 2012-2013, COMO XA É HABITUAL NA AULA "A PEMENTEIRA", SEGUIMOS VIAXANDO POLO MUNDO. NESTA OCASIÓN CHEGAMOS A......
Empezamos, como sempre que desenvolvemos un proxecto, organizando un recuncho na aula con obxectos relacionados co tema: fotos, libros, moedas, revistas, roupa, instrumentos musicais, máscaras... en fin, ¡un montón de cousas!




E como é moi importante impregnarse do espíritu africano, da maxia das súas paisaxes  e da beleza da súa fauna pois xa puxemos na porta unha decoración axeitada para que, cando a crucemos, poidamos adentrarnos na sabana.





Para coñecer un pouquiño algunhas tradicións e costumes africanas estamos lendo moitos contos...







... e mirando libros que traen multitude de fotos e imaxes coas que imos aprendendo vocabulario novo e recibindo un montón de información sobre a fauna, a paisaxe, a arte e a historia diversa, complexa e fascinante dos diferentes países que forman este continente veciño.

Estamos aprendendo moitas cousas xuntos e os "pementeir@s" non perden ocasión de demostrar todo o que saben. Así cando saen ao patio forman un equipo para facer coa area o Monte Kilimanjaro.

E cando xogan coa "plasti" modelan as Pirámides de Giza e a Gran Esfinxe...



ou coa imaxinación característica dos cativos/as de 5 anos colocan a unha momia descansando á sombra dun baobab.

En fin, como vedes, hai tanto que contar que non acabaría nunca. Así que para finalizar, vouvos facer unha pregunta... ou dúas.
¿VÓS SABÍADES QUE EN ÁFRICA TAMÉN HAI UNHA CARAPUCHIÑA (AÍNDA QUE NON É VERMELLA)?
E, ¿COÑECEDES AO HOME-ARAÑA AFRICANO QUE, POR CERTO, NON SE CHAMA SPIDERMAN?

Pois aquí vos deixo o enlace para que na casa podades ver o conto da "Pequena carapuchiña africana" que hoxe pola mañán vimos no cole.
¡MIRADE QUE ATENTOS ESTABAN TODOS!






¡ESPERO QUE VOS GUSTE!






3 comentarios:

  1. Papis e mamis,
    se queredes ver o conto da pequena carapuchiña africana e non sodes capaces de clicar no enlace o que podedes facer é seleccionar o enlace co cursor, clicar no botón dereito do rato e xa vos pon "ir ao enlace" ou "abrir enlace noutra pestana", clicades unha desas opcións e xa o podedes ver.

    ResponderEliminar
  2. Gracias pola aclaración, porque xa estaba eu pensando que non sirvo para esto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que non sei por que, onte non me deixaba tampouco entrar a min, non houbo maneira de que o enlace "funcionara" e por iso probei doutra maneira e din o aviso. Ás veces o mundo da informática vai por un camiño e eu vou por outro e costa facer que conflúan, jejejeje!. Onte doume moitos problemas poñer as entradas do blogue, non sei por qué...

      Eliminar