LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

sábado, 24 de noviembre de 2012

DEBUXOS DE ÁFRICA

África é unha fonte inesgotable de imaxes. Nun continente tan grande coma éste, é evidente que podemos atopar miles de imaxes diferentes de paisaxes, animais, etnias, construccións ou...(permitídeme o xogo de palabras) destruccións. 
Despois de mirar libros na aula, os pequenos "pementeir@s" fixeron os seus debuxos de África. Neles representan as cousas que máis lles chamaron a atención. Sen dúbida, o que máis se repite nestas representacións gráficas son os animais africanos.
Aquí vos deixo algúns destes debuxos xunto coas "descripcións" que cada un fixo do seu traballo.

























2 comentarios:

  1. Que debuxos de África mais bonitos!!! NORABOA a eses artístas.
    A clase de 4 anos tamén viaxará a África durante este trimestre, asi que pode ser que vos pidamos información e visitemos o voso recuncho africano.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas profe María! Que ben que vós tamén traballedes África e, por suposto, podedes vir visitar a nosa aula cando queirades. Temos moitas cousas de África e contos e música e ata temos cacao auténtico de Costa de Marfil. Vinde e contámosvos todo!

      Eliminar