LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

sábado, 24 de noviembre de 2012

¿QUEN SERÁ, SERÁ...?

Onte venres, no cole, os pequenos "pementeir@s" enfrentáronse a un RETO. Resulta que a "profe" Teté explicou que fai miles e miles de anos a Terra non era como agora e que, de feito, todos os continentes estaban xuntos. 

Pouco a pouco foron separándose e os mares e océanos foron quedando polo medio.
Pois ben, aquí chegamos ao miolo da cuestión. Os antigos GREGOS non sabían como explicar ese feito e, como facían sempre, empregaron un MITO para facelo:

Un heroe, tan forte que matou un león e capturou ao touro do labirinto de Creta, separou España de África para poder pasar desde o Mar Mediterráneo ao Océano Atlántico.


Cando lles contei esta historia aos "pementeiros", plantexeilles o RETO. Tiñan que pensar que personaxe mitolóxico, forte e valente, sería capaz de facer esa proeza. Cada un foi pensando a súa resposta. Un neno dixo Spiderman, e outro xa lle puntualizou:
-"Spiderman non é tan forte, só lanza teas de araña"
Outra nena dixo Batman e outra Superman. Outros nenos engadiron a un masai ou aos africanos, así en xeral.
O que máis se acercou de todos, cando eu ía insistindo en que era un personaxe mitolóxico grego, foi Miguel que dixo con moita seguridade:
-¡ZEUS!
Claro, feliciteino e díxenlle que estivera moi pretiño de acertar porque aínda que non era xusto Zeus, era un fillo seu. Entón algúns engadiron "¡Neptuno!" e Pablo Carril, levantou o dedo e soltou cunha voz chea de autoridade e completa seguridade en que non podía ser ninguén máis...
¡DIOS! 
Neste momento xa tiven que poñer todo da miña parte para saír deste lío, porque, claro, ¿cómo lles digo eu que non foi Deus o que separou os dous continentes? En fin, saín como puden e a cousa quedou no aire...
Ben, papis e mamis, se queredes axudar aos voso fillos/as a descubrir quen era este personaxe misterioso, deixovos a continuación unhas pistas:
1.- Era un heroe fillo de Zeus.
2.- Os gregos puxéronlle un nome e os romanos outro diferente pero que empeza pola mesma letra (que por certo é moi tímida e non fala).
3. Matou a un león e a unha hidra e venceu ao touro de Creta.


4.- Non levaba moita roupa, pero sempre ía coa pel do león de Nemea que matara.
5.- É tan famoso que fixeron pelis e series de televisión sobre él.
 ¿SABEDES  XA  QUEN  É?
POIS RECORDANDO A ESTE PERSONAXE, AO ESTREITO DE XIBRALTAR TAMÉN SE LLE COÑECE COMO:
AS  COLUMNAS  DE ..................

4 comentarios:

  1. Jijiji ya lo tenemos. A Zeljko le encanta la serie aunque procuro q no la vea.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Felicidades!. Me alegro de que se acuerde de las preguntas que hago en clase y busque estrategias para averiguar las respuestas. Esa curiosidad es la base del aprendizaje. El lunes espero que nos dé tiempo de colorear el personaje misterioso con acuarela. ¡Buen trabajo! Ya veis que los papis también podéis fomentar en casa el afán de aprender cosas y no hay cosa más bonita que ver como estos enanos van descubriendo cosas.

      Eliminar
  2. ola,son rita. mamá dixome que foi o mesmo que fixo a torre de coruña. chamase hercules.

    Agora son mamá. Á verdade, non sabía eu o das "columnas de Xibraltar" e tampouco nunca me parei a pensar de onde saían as columnas do escudo de España. Mira ti por onde, o fun aprender hoxe gracias á miña filla e o proxecto de África.

    ResponderEliminar
  3. Xa ves, nunca é tarde para aprender cousas novas. Isto é o bo da miña profesión (e no voso caso de ser pais e nais): cos nenos sempre aprendemos cousas e o máis importante é que disfrutedes xuntos das novas aprendizaxes para que os cativos/as valoren a importancia do cole e vexan o gratificante que é aprender. Este é o verdadeiro premio: APRENDER. Grazas por compartir estas cousas connosco!

    ResponderEliminar