LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

viernes, 31 de mayo de 2013

¡RETO SUPERADO!

Hoxe pola mañán cando chegaron os meus pementeir@s ao cole, levei unha enorme e colosal alegría porque chegaron oito nenos/as co seu papeliño na man. 
E diredes vos: ¿que papeliño? 
Pois un papeliño no que escribiron a resposta á pregunta sobre o personaxe mitolóxico que naceu do sangue de Medusa. Así que, antes de nada, teño que felicitar a Anxo, Antón, Noelia, Zeljko, Miguel, Pablo e Ana Carril e Lola por acordarse do reto, por investigar e por traer a súa resposta ó cole.
Eu considero que é moi importante participar nos xogos, nas actividades, nos retos... aínda que non sempre poidamos gañar. Por iso vos digo, aos que disfrutades investigando... 
xenial
E agora teño que felicitar de xeito moi especial aos que acertaron a resposta que foron sete. Aquí vos poño as fotos dos gañadores:








¡PARABÉNS CHICOS E CHICAS! 
E agora só falta dicir cal é a resposta correcta deste reto: ¿que, ou quen, naceu do sangue de Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza?
PEGASO
pegaso 05





No hay comentarios:

Publicar un comentario