LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

martes, 14 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS CON VIDAL BOLAÑO

Roberto Vidal Bolaño adicou case toda a súa vida ao mundo do teatro como escritor, actor, director e, mesmo, escenógrafo e iluminador.
Moitos de nós aínda o recordamos co seu sombreiro e o cigarro paseando polas rúas de Compostela, onde naceu en 1950 e, finalmente, tamén morreu no ano 2002. E, por suposto, temos algunhas películas, como Sempre Xonxa ou A Lingua das Bolboretas, para disfrutar coas súas interpretacións e escoitar a súa voz tan persoal e característica.
                
No ciclo de Educación Infantil seleccionamos un fermoso poema deste autor que, en realidade, é un fragmento da súa obra Laudamuco, señor de ningures.

As  profes preparamos as letras en papel adhesivo e despois os nenos e nenas axudáronos a colocalas no chan formando as palabras, os versos e as estrofas do poema.
Nas fotografías que aparecen a continuación podedes ver como foi o proceso e como quedou o chan do noso corredor de educación infantil.



































No blog Nómadas recollen este traballo realizado polas tres aulas de Infantil (como podedes ler no comentario que nos deixaron). Para as profes de infantil é unha satisfacción comprobar que se visitan os nosos blogues e se aprecian as cousiñas que facemos, sinxelas, quizá non orixinais (porque hoxe en internet podemos atopar moitas ideas diferentes, e porque falamos con moitos/as compañeiros/as doutros coles que fan cousas interesantes) pero, pensamos, motivadoras e estimulantes para os máis pequenos. Grazas Nómadas polo teu comentario, por compartir o noso traballo e por citar a autoría!!!!
Para todos os que queirades visitar dito blogue, aquí vos deixo o enlace:


5 comentarios:

  1. Tentando escoller algún texto que homenaxeara a Vidal Bolaño para publicar algo no día das letras galegas no meu blog como fago cada ano, así é coma dín coa vosa páxina e gustoume moito o voso traballo; permitínme publicalo, por suposto dando a coñecer a vosa autoría e mostrando tan só o traballo final sen imaxes para non agredir a privacidade dos pequen@s, nunha sección que chamo " Rincón de autores ".

    Os meus parabéns e ánimos para seguir formando pequenos grandes continuadores da creatividade na nosa terra.

    Saúdos

    Parabéns

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois moitas grazas!!!! É unha enorme satisfacción para nós, as profes de infantil, que se aprecien estes traballos porque os facemos coa ilusión de que os nenos valoren o noso idioma, a beleza das nosa literatura e o pracer de traballar en equipo. O feito de ler un comentario coma este xa nos levanta o ánimo. Visitarei o teu blog. GRAZAS!!!!

      Eliminar
  2. Por aquí de novo, non podía deixar sen resposta a túa consideración para o blog de Nómadas.

    Tranquila Tete, aos nenos se lles ve un marabilloso sorriso e unha atenta seriedade, iso dí moito da vosa labor. Eu xa son nai " maduriña ", jaja!, os meus nenos xa son maiores; síntome moi agradecida á labor que no seu día fixeron as súas tutoras, profesoras, orienatadoras ( á labor dos profes tamén! ). Sempre entendín o entorno da escola coma un triángulo no que educadores, pais e nenos teñen o seu espazo e lugar, con respecto e con afecto todo se consegue e acaban saíndo valores cara ao desexo de un mundo mellor.

    Así que non desanimedes e a seguir facendo cousas tan sinxelas e tan complicadas tamén, porque ocupan tempo e enerxía, coma este espazo que tendes creado no que tanto pais coma nenos poden tamén participar.

    Unha aperta dende a provincia de Pontevedra.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. GRAZAS DE NOVO! Estou encantada de ler as túas palabras, para nós é moi gratificante atopar xente que ten unha visión tan positiva e fermosa desta profesión (estou completamente de acordo contigo) así que son eu a que che teño que mandar unha aperta fortísima!!!!!

      Eliminar
  3. Moitas gracias a profe Teté por citar este apoio na entrada do blog e avisarnos as outras profes de infantil, e moitas gracias a Nómadas por darnos ánimos e felicitarnos. Unha aperta.

    ResponderEliminar