Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro e recordamos aos mundialmente recoñecidos escritores William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
Os libros son os mellores amigos que podemos ter, con eles coñecemos personaxes fantásticos, lugares marabillosos, aventuras inimaxinables... Cando lemos podemos sentir emocións, percibir imaxes cheas de cores, notar aromas exóticos, falar con seres doutros mundos, palpar texturas que nos fan estremecer... En fin, como dixo Jacques Benigne Bossuet "En Exipto, ás bibliotecas chamábanlles o tesouro dos remedios da alma e certamente é así, pois nelas cúrase a ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demáis"

Como vedes todos estiveron moi atentos. Agradecémoslle a Nina que nos contara un conto tan bonito cun forte aplauso.
¡GRAZAS NINA!
E despois de disfrutar da lectura... ¡a cantar e a bailar!
¡Espero que disfrutedes dos libros, e os coidedes, toda a vida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario