LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

miércoles, 9 de enero de 2013

¡MELCHOR, GASPAR E BALTASAR ESTIVERON NA PEMENTEIRA!

Pois si, así foi. Os Magos máis importantes e famosos de todos os tempos visitaron "A Pementeira". Nós non os vimos, claro, porque normalmente cando chegan ás nosas casas son tan discretos que nin nos enteramos e, ademáis, como o Día de Reis, o 6 de xaneiro, non hai cole pois era imposible que os descubríramos na nosa aula.
O caso foi que o martes 8 de xaneiro, cando chegamos ao cole atopamos uns paquetes na nosa aula. Como estaban empaquetadiños cun papel moi bonito cheo de estrelas pois todos nos demos conta de que eran agasallos. A alguén se lle ocurriu que podía ser que foran dos Reis Magos e miramos no buzón se había algunha carta ou algo que nos dese algunha pista sobre a orixe destes paquetes. E, efectivamente, no buzón había unha carta.
¡QUE ALEGRÍA LEVAMOS! ¡ESTABA CLARÍSIMO! ¡ERAN AGASALLOS DE MELCHOR, GASPAR E BALTASAR! Así que o único que faltaba era ler a carta para comprobalo
e despois abrir os paquetes e descubrir o que había dentro.¡Mirade!
Puxémonos todos tan contentos ao ver que as Súas Maxestades chegadas de Oriente se acordaran de deixarnos libros para a nosa biblioteca de aula e uns xoguetiños para cada pementeiro e pementeira que lles adicamos un forte aplauso.
Pero a cousa non quedou aí. Pola tarde cando Lucía Dopazo foi colocar unha caixa no recuncho da cociña... ¡ATOPOU OUTRO AGASALLO ESCONDIDO!
A verdade é que o primeiro día de cole despois do Nadal non estivo nada mal.

4 comentarios:

  1. Jo.. Que ben se tiveron que portar estes pequenos porque tantos regalos.... Vexo que menos Teté todos foron bos, porque a ti nada de nada, eh! Profe!! jeje!! Un bico enorme para todos e Feliz Aninovo!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. xa ves... así é a vida dunha mestra, jajajaja. Pero que conste que cando viron os paquetes pola aula, unha nena enseguidiña dixo:¡eses son os regalos que lle trouxeron á profe Teté! E os demáis quedaron convencidos. iso quere dicir que no fondo, alá no fondo, eles pensan que algún agasallo merezo, jajajajaja. E tamén teño que dicir que eu disfruto os contos que trouxeron os Reis Magos tanto coma eles así que tamén son un bo regalo para min!!!!. Grazas!

      Eliminar
  2. Bienvenida profe Teté, ¡qué suerte tienen los pementeir@s! y ¡qué caritas de felicidad e ilusión tienen todos! Otra vez gracias por tu dedicación, hasta en las vacaciones piensas en cómo sorprenderlos; Por cierto, ¿para los papás y las mamás no dejaron nada los Reyes Magos?.
    Un besazo enorme y FELIZ AÑO.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mañana busco por el aula, por todos los rincones, debajo de las sillas y las mesas, en el baño... Puede ser que haya algo que no hayamos encontrado! No pierdas la esperanza, vale? en cuanto lo encuentre ya os lo aviso. Un beso y feliz 2013!!!

      Eliminar