LA EDUCACIÓN ES EL ARMA MÁS PODEROSA QUE PUEDES USAR PARA CAMBIAR EL MUNDO.
NELSON MANDELA

miércoles, 30 de enero de 2013

30 XANEIRO: ¡DÍA DA PAZ PASADO POR AUGA!


Hoxe, día 30 de xaneiro, foi imposible saír ao patio para lanzar os globos coas mensaxes de paz. ¡A vida é así! O tempo non axudou. Esperemos que mellore pronto e poidamos realizar dita actividade un día destes. Aquí vos deixo as fotos dos pementeiros e pementeiras escribindo mensaxes de paz na pizarra. Despois de anotar as diferentes propostas, procedemos a realizar unha votación para elixir as dúas mensaxes que irán atadiñas nuns globos de helio, e que viaxarán polo mundo na busca de alguén que os queira recibir cos brazos abertos.











4 comentarios:

  1. Eu tamén quero engadir unha mensaxe: Para ter paz no mundo, temos que empezar por buscar a paz na nosa casa.
    Bicos a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. tes razón e nós imos procurar estar en paz na aula e disfrutar das cousas que facemos porque a paz tamén a temos que practicar, como a lectura e a escritura, as sumas e as restas, verdade? agora a ver se os pementeiros/as están de acordo e entre todos o conseguimos!!!!

      Eliminar
  2. EU TAMEN DESEXO PAZ PA TODO O MUNDO PERO MIRANDO POR AQUI VEXO QUE ESTOS NENOS XA SABEN ESCRIBIR NON MO PODO CREER JAJAJA QUEN E A VOSA PROFE? como me sona que a conozo de algo ea mellor sen duda un saudo dos papas de miguel do paseo do espolon

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas, moitas grazas, Conchi! Ti sempre dándome ánimos. Pero é verdade que temos que felicitar aos pementeiros porque van moi, moi ben. Estou moi orgullosa deles, do ben que saben ler e escribir e sumar e restar e moitas cousas máis. A verdade é que normalmente teño sorte coa materia prima que me toca porque ti sabes ben que os meus primeiros pementeiros foron fantásticos!!! E sempre terei un recordo especial para eles e para os seus papás e mamás!!! Grazas!!!

      Eliminar