Esta mañán, tivemos a sorte de poder disfrutar dunha obra de teatro moi divertida que se titulaba O Libro Máxico.
Despois de que a profe, coma sempre, nos recordase as normas e de ir todos ao baño, xa empezamos a organizarnos, collendo da man a un compañeiro/a e facendo unha fila ordeada, para subir ao bus e dirixirnoa ao Auditorio de Padrón.
Como podedes ver, ¡non tiñan ganas ningunhas, ningunhas de ir!
Cando chegamos ao Auditorio... cada un ocupou a súa butaca e..
¡Comenza o espectáculo!
¿Que vos parece? ¿Pensades que os pementeiros/as o pasaron ben ou mal?
¡¡¡Seguro que o pasaron requeteben!!, o simple feito de ir en Bús xa é toda unha aventura, polo menos para Pablo e Ana. O chegar a casa atopeime cos dous todos emocionados, comezaron a contarme a historia pero, o falar os dous a vez!!! Tiven que poñer orden e quedei sin saber si a protagonista fixera ou non os deberes....TO BE CONTINUE...........
ResponderEliminarA verdade é que o dos deberes foi o que máis graza lles fixo a todos, iso de que Rosiña non soubese facer as contas e quixera enganar ao pai é que lles pareceu superdivertido (preparádevos que veñen forte!). A obra estivo ben e ata tiña efectos especiais con fume e todo. Grazas pola túa participación no blogue e, sobre todo, polos comentarios que deixaches no libro de África!!!!Unha aperta forte!
EliminarRepito que o amor e a dedicación que amosas no teu traballo é encomiable, ¡¡FELICITACIÓNS!!, ¡¡e que moitos pementeiros poidan disfrutar do teu método de ensino!! Pena que a tí non te pasen de curso, JE,JE,JE
ResponderEliminar¡¡¡E O blog foi unha idea brillante!!! ata o punto de ter que poñer internet na casa, cando sempre dixen que con telo no traballo xa me chegaba.... para que te fagas unha idea de como a túa labor inflúe nas nosas vidas. ¡¡¡¡Ánimo e a seguir adiante , ainda que os protagonistas deixen de ser os nosos pementeiros. Mela
De corazón, ¡moitas grazas polas túas palabras! non sabes o que animan, de verdade! Por moi convencidas que poidamos estar sobre o que facemos, ou intentamos facer día a día, sempre tes días nos que agradeces palabras como as túas. ¡GRAZAS! e ... quen me dera pasar de curso, así polo menos xa sabía por onde continuar, jajajaja e agora tócame empezar de novo, outro novo grupiño de pequerrechos! ¡Cómo pasa o tempo!
Eliminar