África é unha fonte inesgotable de imaxes. Nun continente tan grande coma éste, é evidente que podemos atopar miles de imaxes diferentes de paisaxes, animais, etnias, construccións ou...(permitídeme o xogo de palabras) destruccións.
Despois de mirar libros na aula, os pequenos "pementeir@s" fixeron os seus debuxos de África. Neles representan as cousas que máis lles chamaron a atención. Sen dúbida, o que máis se repite nestas representacións gráficas son os animais africanos.
Aquí vos deixo algúns destes debuxos xunto coas "descripcións" que cada un fixo do seu traballo.
Que debuxos de África mais bonitos!!! NORABOA a eses artístas.
ResponderEliminarA clase de 4 anos tamén viaxará a África durante este trimestre, asi que pode ser que vos pidamos información e visitemos o voso recuncho africano.
Un saúdo.
Grazas profe María! Que ben que vós tamén traballedes África e, por suposto, podedes vir visitar a nosa aula cando queirades. Temos moitas cousas de África e contos e música e ata temos cacao auténtico de Costa de Marfil. Vinde e contámosvos todo!
Eliminar