Estamos todos moi interesados na mitoloxía grega estes últimos días de curso. ¡Qué pena que non nos dé tempo de facer todo un proxecto! ¡Estaría xenial!
¡Velahí vai!
Minos mandou construir un laberinto na illa de Creta, onde el gobernaba, para encerrar ao Minotauro, o fillo da súa muller, Pasifae, e o touro branco que xurdira de entre as ondas do mar.
O encargado de construir o laberinto foi o gran inventor e arquitecto Dédalo. Ninguén era quen de atopar a saída do laberinto unha vez que estaba dentro.
Dédalo estaba xa canso de vivir en Creta e obedecer a Minos, pero o rei non o deixaba marchar. Así que tivo que idear unha curiosa maneira de escapar da illa.
Polo tanto, pementeiros e pementeiras, o que vós tendes que averiguar é o seguinte:
¿Como se chamaba o fillo de Dédalo? ¿Que plan elaborou Dédalo para fuxir de Creta co seu fillo? ¿que ocurriu finalmente?
Ben, xa sabedes, hai que investigar para averiguar as respostas a estas preguntas. Cando resolvades os enigmas, escribide as respostas nun papel e traédeo ao cole. Así entre todos poderemos coñecer unha nova historia da mitoloxía grega.
¡Ánimo chic@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario