Antes de pechar este blogue e deixarvos unhas palabriñas de despedida, quero recordarvos que mañán xoves 27 de xuño ás 5 da tarde teremos a nosa última reunión de pais/nais.
Os puntos a tratar serán:
- Presentación das contas e as facturas do curso escolar.
- Valoración do curso e do ciclo de infantil.
- Despedida.
E por suposto, vós teredes a oportunidade de comentar as cuestións que consideredes oportuno.
Conto con todos vos.
Agora deixovos unhas últimas fotos dos pementeir@s na "festa" de fin de curso e un vídeo do festival gravado polo papá de Antón que me pasou a mamá de Ana e Pablo. Grazas aos dous porque o vídeo está xenial e faime moita ilusión ter esta última actuación estelar cos meus pementeir@s.