¡XA ESTÁ CHEGANDO! ¡QUE POUQUIÑO FALTA! ESPERAMOS QUE TODOS OS ARTISTAS TEÑAN LISTO O VESTUARIO E OS ACCESORIOS NECESARIOS PARA A SÚA ACTUACIÓN ESTELAR O VENRES 8 DE FEBREIRO.
POLO COLE ROSALÍA DE CASTRO XA PASARON UNS OPERARIOS PARA INSTALAR O ESCENARIO ONDE ACTUARÁN TODOS OS CANTANTES FAMOSOS QUE NOS VISITARÁN O VENRES.
NA PEMENTEIRA NON SABEMOS MOI BEN, AÍNDA, QUEN VAI ACTUAR. ALGO SE ESCOITOU SOBRE UNHA CANTANTE DE ÓPERA, ¿VIRÁ MONTSERRAT CABALLÉ? E TAMÉN SE FALOU DE QUE VIÑA SHAKIRA... EN FIN, PENSO QUE LEVAREMOS ALGUNHAS SORPRESAS.
POLO DE PRONTO OS NENOS E NENAS VEÑEN XA CON GANAS DE FESTA ATAVIADOS CON SOMBREIROS, BIGOTES OU MANDILES COMO MANDA O MECO...
Pois sí que está case todo preparado. Soamente nos falta o máis importante: @s artistas!!! pero segurísimo que temos un cartel de festa que non supera nin a orquestra Panorama!!!!
ResponderEliminarpor certo, mira que están guap@s @s pementeir@s cos seus sombreiros; e os bigotes danlles un aire moi, pero que moi misterioso...
ResponderEliminarE tan misteriosos... con decirche que andaba pola aula Sherlock Holmes, supoño que investigando, claro...
EliminarE a Panorama, ¡xa quixera, xa! e espera que os cantantes empecen a saír a escea, ¡VAI SER A BOOOOOOMBAAAAA!
Pero menudas estrelas tes, eh Teté, están guapisísimos!! Vexo nos blogues que faltan sempre fotos das profes... a ver cando vos animades a sacarvos unhas a vós tamén disfrazadas... Un bico enorme
ResponderEliminarÉ certo. A ver se mañán nos sacan algunha. E que como sempre somos nós as que levamos as cámaras na man non paramos a sacarnos fotos a nos mesmas, e a verdade os protagonistas son os nenos/as. Pero mañán sacaremos algunha de recordo do grupo de profes a ver se recoñecedes quen é quen, jajajajaja! Esperemos que sexa un día divertido, con moita música e moita alegría. ¡Seguro que sí! Eu xa teño ganas de ver aos artistas e que enchan o escenario. Un bico.
Eliminar