COMO XA SABEDES, DENTRO DO PROXECTO DE ÁFRICA ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS PERO TODO O QUE SE REFIRE AOS ANIMAIS É QUE LLES ENCANTA AOS PEMENTEIROS E PEMENTEIRAS.
HOXE ESCOITAMOS UNHA CANCIÓN EN INGLÉS QUE FALA DUN RINOCERONTE QUE VIVE EN ÁFRICA.
COMO LLES GUSTOU TANTO, PROMETINLLES QUE ÍA COLOCAR O ENLACE NO BLOGUE PARA QUE A POIDERAN ESCOITAR COS PAPÁS E MAMÁS NAS SÚAS CASAS.
¡ESPERO QUE A CANTEDES TODOS E O PASEDES MOI BEN!
Encantoume a canción. Incluso é pegadiza, porque despois estiven toda a tarde cantando e non había maneira de cambiar de "melodía". Non sei como fas para atopar cousas tan "boas" e que ademais lles encantan ós nenos (e os que xa estamos na adolescencia, ja,ja,ja) pero é fantástico esto do blogue porque así podemos "disfrutar" todos.
ResponderEliminarGracias por facernos partícipes de todo.
E que é boísima! É unha das miñas favoritas sen dúbida!! A min tamén se me queda pegada e despois cando me dou conta estou eu ca voz en plan Louis Armstrong que, claro, así está o tempo que non para de chover. Alégrome moito de que vos gusten as cancións porque eles sempre teñen ganas de decirvos na casa o que lles gusta pero, claro, ás veces é difícil coñecer todo o que hai agora para os nenos. A verdade é que hai tantos recursos...
ResponderEliminarGrazas!!!