Hoxe tivemos unha sesión de títeres no cole. Todos os nenos e nenas de Educación Infantil, e as profes, claro, disfrutamos coa representación do conto CARAPORQUIÑA VERMELLA da man de Títeres Tres Globos.
A historia, como vos poderedes imaxinar polo título, tiña algún lixeiro parecido coa de Carapuchiña Vermella.
Pero, neste caso, a protagonista era unha porquiña.
A verdade é que foi moi, moi divertido. Pasámolo tan ben que, ao mellor, queredes ver na casa un resumo desta xornada de teatro, emoción e risas. Pois aquí vos deixo unha sinxela montaxe de vídeo e fotografías.Espero que vos guste.
É verdade que os nenos e nenas o pasaron estupendamente pero as profes tampouco nos quedamos atrás. Foi unha sesión de risoterapia en toda regra!
ResponderEliminarAproveito tamén para desexar un bo nadal a todas as familias que forman parte da aula "A Pementeira"; vémonos en xaneiro!
Grazas compi! En xaneiro teremos que facer outra festiña de benvida ao aninovo!!!
EliminarMoi chuli a presentación da sesión de titeres!!! tesme que ensinar a facer estas presentacións. Un saúdo dende o Paseo do espolón.
ResponderEliminarse nota y se oye lo bien que lo pasaron. Vinieron encantados de ese "especial Navidad" que organizasteis.
ResponderEliminarmuchas gracias... y a por el segundo "round" del año ;)
besos
María Basadre